Santi Domínguez anuncia o investimento de 335.963 euros para a remodelación de seis mercados de Vigo
O tenente de alcalde e concelleiro de Industria e Comercio anunciou este venres o investimento de 335.963 euros para levar a cabo diversas obras de mellora e remodelación de seis mercados de Vigo. "Estamos dando pasos importantes para revitalizar os mercados de Vigo", subliñou Santi Domínguez, quen especificou que as actuacións se desenvolverán nos mercados das Travesas, Progreso, Teis, Cabral, O Berbés e O Calvario.
O investimento destínase a facer fronte as principais necesidades das instalacións dos mercados. Nas Travesas invistiranse 51.999 euros nas obras de mellora dos postos, a instalación dunha rampa de acceso, o pintado do aparcamento interior, o alumeado do apartamento exterior e colocación de peche, a instalación dunha porta automática e o pintado de diferentes dependencias. O mercado do Progreso recibirá 57.998 euros, que servirán para adecuar o espazo adicado a ludotecas, a remodelación de postos valeiros, as melloras de impermeabilización e a ampliación do mostrador da zona de entrada e da zona da cociña. No mercado de Teis o investimento ascenderá a 57.966 euros para facer actuacións na entrada, coa colocación de novas portas, a remodelación dos aseos e diversas reparacións eléctricas. A aportación para o mercado de Cabral será de 57.999 euros para instalar unha porta automática no peirao de carga e descarga e a remodelación de persianas. No mercado do Berbés os 52.000 euros do investimento destinaranse ao cambio da cuberta e finalmente e no mercado do Calvario adicaranse 57.999 euros á colocación de novas portas e persianas.
O tenente de alcalde lembrou así mesmo que a mesa de traballo dos mercados, cuxa primeira reunión se celebrou hai dúas semanas, "será o principal órgano asesor para poñer en marcha o seu primeiro Plan Estratéxico. "Queremos que este plan estea confeccionado en seis meses e nos marque a liña de traballo para a revitalización dos mercados", apuntou ao respecto.
En canto aos orzamentos, o nacionalista subliñou que foron elaborados de forma participativa, de xeito que os 335.000 euros serán repartidos de forma equitativa entre os mercados das Travesas, Progreso, Teis, Cabral, O Berbés e O Calvario e se investirán en función do que cada un deles considere máis prioritario. Santi Domínguez destacou que este é o primeiro paso dun camiño que comezou este ano, pero que terá continuación no futuro. "Temos unha grande ilusión en que esta mesa de traballo funcione", afirmou.
"Estamos moi contentos coas actuacións da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Industria e Comercio porque por primeira vez se nos ten en conta á hora de elaborar os orzamentos", subliñou o xerente do mercado do Progreso, Raúl Fontán. Neste sentido, indicou que aínda que noutras ocasións tamén se facían investimentos "ás veces entraban en contradicción coas nosas necesidades".
Pola súa banda, o representante do mercado do Berbés, Anxo Méndez, expresou a súa satisfacción coa liña de traballo que se está a desenvolver para mellorar e revitalizar os mercados da cidade, como se reflicte nos orzamentos. "Coa colaboración que estamos a ter da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Industria e Coemercio é moi fácil desenvolver proxectos e levalos a cabo con ilusión", salientou.
Descargar todas as imaxes