Convocatoria para o "Programa de axudas municipais á creación de empresas"
<br />
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 11/11/2008, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2008 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de data 21 de novembro de 2008.
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, constituídos no período comprendido entre o 1 de xuño de 2007 e o 31 de maio de 2008 e que cumpran os requisitos establecidos nas bases, como:
1.- Pertenza a un dos colectivos seguintes:
persoas paradas de longa duración,
maiores de 45 anos,
mulleres,
persoas discapacitadas,
mozos/as ata 30 anos,
persoas vítimas de violencia doméstica.
2.- Ou cumprir a condición de:
ser unha persoa participante nos distintos programas de inserción sociolaboral dos Plans Municipais de Emprego de Vigo.
estar a empresa emprazada na zona de delimitación da área P.E.P.R.I. do Casco Vello de Vigo.
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles dende o día seguinte a data de publicación no BOP.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á creación de empresas"
INFORMACIÓN:
Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE). Cánovas del Castillo, 2, 2º
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
Tfno.: 986 44 37 49; Correo electrónico: PME.oficina2@vigo.org
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos que ten que presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e na súa páxina web: www.vigo.org