Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 28 nov 2008
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE DECEMBRO DE 2008.


1.- Acta da sesión ordinaria do 17 de novembro de 2008.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta das sentenzas e autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P. A. nº 83/08. Demandante: Dª Isabel Posada González. Obxecto: Sanción de Tráfico. Expte.: 068546733. Desestimado o recurso.

b) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P. A. nº 168/08. Demandante: D. Juan Carlos Saavedra López. Obxecto: Sanción Tráfico. Expte.: 786452320. Estimado parcialmente o recurso.

c) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P. A. nº 167/08. Demandante: D. Juan Carlos Saavedra López. Obxecto: Sanción de Tráfico. Expte.: 078642319. Estimado parcialmente o recurso.

d) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4291/06 interposto por Asociación Propietarios Veciños Carballa contra sentenza desestimatoria do X.Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo en relación coa rectificación do Inventario Municipal de Bens e Dereitos, sobre un tramo(ramais) do Camiño da Carballa. Expte. 13930/240. Desestimada a apelación.

e) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 15095/08 interposto pola Xunta de Galicia contra sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo sobre anulacións de liquidacións do IBI, 2003, ref. Catastral 7537503NG2773N0003AW. Estimada a apelación.

f) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.O. Nº 120/07. Demandante: URBASER, S.A. Obxecto: Inactividade por NON pagamento de xuros en contrato de recollida de RSU. Inadmisible o recurso por extemporaneidade.

g) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 15092/08 interposto polo Concello de Vigo contra sentenza estimatoria do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo sobre compensación de débedas tributarias pola Autoridade Portuaria. Estimado parcialmente.

h) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A p. o. nº 205/2005. Demandante: D. Juan José Fernández Reboredo. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación patrimonial. Expte.: 321/243 (Desestimatoria) e Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4054/2007 interposto polo mesmo demandante. Desestimada a apelación.

i) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no proc. Abreviado nº 186/2008 .Recorrente: DNA. ANA FONTENLA RELLÁN. Obxecto: Resolución da Concellería delegada de Área de Mobilidade de 22/4/2008, desestimatoria do recurso de reposición contra anterior resolución sobre sanción de tráfico. Expte.nº 7866642. Estimado o recurso.

k) Sentenza do X. Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo no proc. Abreviado nº 346/2007. Demandante: D. Santiago Pereira Mora. Obxecto: Reclamación de liberación de encomenda de funcións e solicitude de mantemento no seu posto de "Xefe de Servicios Electromecánicos", así coma , por ampliación de recurso, ao Acordo da XGL de 21/1/2008, sobre modificación puntual da vixente relación de postos de traballo (R.P.T.). Desestimado.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. nº 239/2008. Demandante: D. Marcos José Conde González. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación patrimonial. Inadmisible o recurso.


BENESTAR SOCIAL
3.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Benestar Social durante os meses de setembro e outubro de 2008. Expte. 37789/301.

4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 11/1533, 11/1195, 11/680, 21/1242, 3/643, 3/1202, 3/2139, 12/2113, 3/1267, 11/1875, 1/2560, 1/2116, 1/2317, 1/2354, 2/2153, 2/2362, 2/2404, 4/1631, 4/1752.

5.- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 22/2418, 23/2513.

CULTURA
5.- Proxecto de contrato da actuación musical da ópera de Paulina Viardot "La Cenicienta" no Teatro Salesianos. Expte. 11284/331.

DEPORTES
6.- Ampliación do prazo de xustificacion das subvención de subvencións a entidades deportivas de Vigo pola organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008. Expte. 7688/333.

7.- Solicitude da Asociación Deportiva RP3 para a organización da III Subida ó Castro o día 13 de decembro de 2008. Expte. 8233/333.

8.- Solicitude da Agrupación Viguesa de Atletismo para a organización do VII Memorial Andrés Abanqueiro o día 14 de decembro de 2008. Expte. 8213/333.

9.- Solicitude da Delegación da Federación Galega de Atletismo para a organización da XLVII Carreira do Pago o día 21 de decembro de 2008. Expte 8209/333.

10.- Solicitude do Club de Atletismo Vigo para a organización da 4ª Carreira Popular San Silvestre Viguesa o día 31 de decembro de 2008. Expte. 8234/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
11.- Aceptación da subvención concedida pola Xunta de Galicia para a execución do servizo PIEG "Exclusión social". Expte. 5502/77.

MEDIO AMBIENTE
12.- Solicitude da figura de "Espazo de Interese Local" para o sistema dunar do areal do Vao. Expte. 6062/306.

MOBILIDADE, TRANSPORTE E SEGURIDADE
13.- Devolución de aval á Irmandade de doadores de Sangue constituído pola celebración do XXV Festexo ao doador. Expte. 75585/210.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
14.- Indemnización substitutiva por importe de 23.762,41 € a favor da empresa Simco S.L. polo mantemento de Parques Forestais de Vigo durante o mes de outubro de 2008. Expte.4325/446.

15.- Modificado do proxecto de acondicionamento en superficie da parcela ubicada na confluencia das rúas "Ronda de Don Bosco-Enrique Blein Budiño-Venezuela. Expte. 38/440.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
16.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos para o funcionamento do "Viveiro de Asociacións". Expte. 3583/320.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
17.- Aboamento de cotas de comunidade a favor da Comunidade de propietarios República Argentina nº 12-14. Expte. 18499/240.

18.- Solicitude de acceso directo de vehículos e peonil dende o aparcadoiro de residentes previsto da rúa Rosalía de Castro ó primeiro soto das edificacións nos solares nº 10 e 12-14 da UE I-06 Rosalía de Castro 2 de Vigo. Expte. 4/403 e 5/403.

PATRIMONIO HISTÓRICO
19.- Plan de Seguridade e Saúde das obras de remodelación da rúa Teófilo Llorente. Expte. 4658/307.


PERSOAL
20.- Execución Sentenza 205/2007, de 10 de setembro, do Xulgado contencioso-administrativo núm. 2, de Vigo, (proc. Abreviado 166/2007) interposto por D. Julio García Silva. Expte. 18575/220.

21.- Produtividade do 3º trimestre dos condutores-seguridade da Tenencia de Alcaldía. Expte. 18537/220.

22.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de outubro 2008. Expte. 18556/220.

23.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Cemiterios correspondente ao mes de outubro 2008 por xornada partida. Expte. 18554/220.

24.- Produtividade do E.V.A.P. (equipo vixianza e apoio Policía Local) correspondente ao 3º trimestre 2008. Expte. 33771/212.

25.- Xornadas de reforzo da Policía Local -outubro 2008. Expte. 33798/21220.

26.- Aboamento de atrasos dos recargos de festividade e nocturnidade do persoal do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 18545/220.

27.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso da xornada anual do persoal de Cemiterios correspondente ao mes de outubro 2008.

28.- Nomeamento interino, por acumulación de tarefas, polo período máximo de seis meses, de 5 subalternos. Expte. 18590/220.

29.- Nomeamento interino, por acumulación de tarefas, polo período máximo de seis meses, de técnico medio de bibliotecas. Expte. 18311/220.

30.- Nomeamento de funcionaria interina, con cargo a praza vacante de técnico/a auxiliar de bibliotecas. Expte. 18315/220.

SERVIZOS XERAIS
31.- Proposta de negociación coa Autoridade Portuaria da participación no custos que xeran os túneles do "Porto Pesqueiro" e de "Beiramar-Areal-Isacc Peral". Expte. 57017/250.

32.- Proxecto de ampliación e mellora da rede de saneamento na Parroquía de Teis. Expte. 46/440.

33.- Proxecto modificado de "humanización entorno Povisa, fase 1". Expte. 44/440.

34.- Proxecto modificado de "humanización da rúa Sanjurjo Badía, fase 1". Expte. 47/440.

35.- Proxecto modificado de "humanización e renovación do saneamento e abastecemento do entorno do Mercado de Teis". Expte. $8/440.

36.- Proxecto modificado de "reforma do saneamento da rúa Olímpicos". Expte. 45/440.

37.- Plan de Seguridade e Saúde da obra de construción de beirarrúas na baixada a Santa Cristina, fase I (entre r/Ernesto Lecuona e Igrexa). Expte. 740/443.

38.- Plan de Seguridade e Saúde da obra de construción de beirarrúas na rúa Sta. Marina, fase I (ata igrexa). Expte. 727/443.

39.- Plan de Seguridade e Saúde da obra de construción de beirarrúas na rúa Muíños, fase I. Expte. 726/443.

40.- Plan de Seguridade e Saúde da obra de reurbanización da Praza Eduardo Chao, Fase 2A. Expte. 4771/401.

41.- Devolución de fianza a Proyecon Galicia S.A. constituída por obras de canalización eléctrica na Estrada Vella de Madrid. Expte. 56913/250.

42.- Devolución de fianza a Maralgro S.L. constituída por obras de acometida de abastecemento na rúa Zamora 94. Expte.56344/250.


TESOURERÍA
43.- Prorrogar o contrato de asistencia técnica e colaboración nos procedementos de recadación na vía de constrinximento de ingresos municipais de dereito público e nos procedementos de xestión e recadación de exptes. sancionadores por infraccións en materia de tráfico e seguridade vial. Expte. 7078/540.

44.- Proposta para a recadación en vía de constrinximento de cotas impagadas por consumos de auga dos anos 2004-2005. Expte. 9511/700.

45.- Proposta para a recadación en vía de constrinximento de cotas de enganche ás redes de infraestructura e saneamento. Expte. 9549/700.

46.- Proposta para a recadación en vía de constrinximento de cotas de enganche ás redes de infraestructura e saneamento. Expte. 9552/700.

URBANISMO
47.- Aprobación do Proxecto de Humanización da U.E. Pobo Galego. Expte. 4809/401.

48.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 2 de decembro de 2008, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 28 de decembro de 2008.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.