Escoitar

O alcalde participará na mesa creada polo Ministerio de Industria sobre Citroën

Aínda que non existen precedentes da presenza dun rexedor local neste tipo de accións, Abel Caballero estará presente nas distintas reunións de xeito permanente, segundo informou este xoves, xa que trátase dun tema "de vital importancia" para a cidade. Na mesa se sentarán os Directores Xerais da Consellería e o Ministerio de Industria.

xoves, 27 nov 2008
1227792602P5220084.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participará de xeito permanente na mesa conformada polo Ministerio de Industria do Goberno de España que atenderá a "todo o relativo á empresa Citroën", adiantou o rexedor vigués. Mañá venres se establecerá en Madrid o devandito foro.

O alcalde motivou a súa participación na mesa xa que a automoción en xeral, e a planta viguesa de PSA Peugeot Citroën en particular, é "de vital importancia" para esta cidade, argumentou. Abel Caballero será representado mañá na primeira reunión da mesa polo concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, pois o rexedor participará na Moncloa na Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias, cita á que mañá acudirá o Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, para responder as propostas de participación e ingresos das administracións locais.

A mesa estará presidida polo Director Xeral do Ministerio de Industria, Jesús Candil Gonzalo, e participará o seu homólogo na Consellería de Industria da Xunta de Galicia, Anxo Ramón Calvo Silvosa, ademais do propio Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes