Benestar Social organiza a Festa dos Maiores o 11 de decembro "como colofón á programación deste ano"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores a celebración da Festa dos Maiores o vindeiro 11 de decembro no Instituto Feiral de Vigo, como "colofón á programación desenvolvida este ano adicado ás persoas maiores". Segundo explicou a edil, a festa terá lugar entre as 12 e as 17 horas e nela participarán arredor de 2.500 persoas dos diversos barrios e parroquias de Vigo.
"É a primeira vez que dende a Concellería de Benestar Social se organiza unha programación tan completa e ampla dirixida aos maiores", subliñou María Méndez, quen lembrou que esta programación se iniciou co programa de avellentamento activo, no que xa levan participado máis de mil persoas. Ademais, a concelleira de Benestar Social indicou que a programación continúa co Outono Cultural, que se está a desenvolver ao longo de todo o mes de novembro e no que se mobilizaron preto de dúas mil persoas. "As persoas maiores están felices con esta iniciativa, porque moitas delas é a primeira vez que poden visitar un museo ou unha obra de teatro", destacou a edil do BNG.
"Queremos ofrecer oportunidades ás persoas maiores que ata agora só puideron traballar", indicou. A concelleira de Benestar Social explicou que neste contexto se enmarca a Festa dos Maiores, como "colofón á programación deste ano, tendo en conta que se aproximan unhas datas moi especiais". María Méndez explicou que a festa terá lugar no IFEVI o día 11 de decembro, de 12 a 17 horas. "Quixemos facer unha festa participativa, que sirva para que as persoas maiores interactúen entre si", destacou.
A nacionalista explicou que haberá cátering gratuíto, que se completará con postos de comida tradicional galega, e servizo de autobuses. Así mesmo, haberá diversas actuacións, entre as que destaca a do grupo A Roda, e a escenificación do que os maiores practicaron ao longo do ano nos diferentes cursos. "Traballamos para potenciar os momentos de lecer dos nosos maiores e esperamos que todos e todas disfruten coa iniciativa", salientou a concelleira.
Descargar todas as imaxes