Vigo actuará de dinamizador para que os gobernos de España e Galicia atendan ás demandas da automoción
O primeiro encontro, celebrado hoxe venres en Madrid, concluíu que o Goberno financiará ata o 70% dos Plans de Empresa presentados polas compañías. O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica deron conta esta tarde do resultado da primeira reunión, que tivo lugar no Ministerio de Industria. "É a primeira vez que un Concello participa nunha mesa desta envergadura co Goberno de España", subliñou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, deron conta esta tarde do resultado da primeira reunión auspiciada polo Ministerio de Industria para abordar a crise da automoción, no tocante a Vigo.
O Concello vigués, representado hoxe só polo edil pero que contará nas próximas citas tamén co alcalde, actuará como dinamizador e garante de que os gobernos de España e Galicia atenderán as demandas das empresas da automoción da área metropolitana de Vigo, representadas hoxe pola factoría de PSA Peugeot Citroën.
"É a primeira vez que un Concello participa nunha mesa desta envergadura co Goberno de España", salientou o alcalde, que estuda o xeito de que o sector localizado en Vigo se incorpore aos 800 millóns de euros que achegará o Goberno de España para o automóbil.
Abel Caballero informou que a principal conclusión acadada na mesa desta mañá foi que o goberno estatal financiará un máximo do 70% dos plans de empresa que presentarán en próximas datas tanto a planta viguesa de PSA como as compañías de compoñentes que o desexen.
No encontro de hoxe, acompañando a Santos Héctor, estiveron presentes representantes dos gobernos de España e Galicia, nas figuras dos Directores Xerais de Industria e I+D+i, respectivamente, membros da Fundación Sociedade para o Coñecemento e representantes de Citroën.
Túnel de Alta Velocidade
O alcalde aproveitou a comparecencia para anunciar que o túnel de entrada da Alta Velocidade a Vigo desde Maceiras, en Redondela, xa está en exposición pública, "técnicamente, o mellor túnel posible", salientou. As características técnicas contemplan dous túneles, un de entrada e outro de saída, unidos por redes transversais, o que garante a máxima seguridade e funcionalidade.
Abel Caballero reiterou o compromiso de que o 2 de xaneiro de 2009 comezarán a operar as dúas tuneladoras desde Redondela.