Vigo terá a maior infraestrutura galega de locais de ensaio con sete salas e un estudo de gravación
A cidade de Vigo contará coa maior infraestrutura de toda Galicia adicada a locais de ensaio para a mocidade segundo anunciaron este martes o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, no acto de presentación do novo complexo no que tamén participaron o delegado de Vicepresidencia, Fran Verea, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. O equipamento ubicarase no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros e estará dotado de sete salas de ensaio, un estudo de gravación e unha sala de usos múltiples, entre outras instalacións.
Na presentación do proxecto, Santi Domínguez lembrou a posta en marcha do primeiro local de ensaio da cidade, no ano 2000, cando el mesmo era concelleiro de Xuventude. Sinalou que a iniciativa xurdiu dunha campaña na que se detectou que as dificultades para formar un grupo pola falta de locais de ensaio era a principal demanda da mocidade viguesa. A partir da constatación desta realidade, puxéronse en marcha os primeiros locais de ensaio da cidade, ubicados na Casa da Xuventude e no Castro. Na actualidade hai máis de 200 grupos que están en lista de agarda por un local para ensaiar, e de aí que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Xuventude se puxeran en contacto coa Dirección Xeral de Xuventude co obxectivo de "iniciar a tramitación para construir un novo equipamento na cidade", explicou.
"Vai ser un gran local que colmará todas as expectativas dos nosos mozos e mozas, para que ningún deixe de desenvolver as súas inquedanzas por falta de medios", subliñou o tenente de alcalde, quen apuntou que se trata dunha "clara aposta de Vicepresidencia e da Dirección Xeral de Xuventude". Dadas as características da infraestrutura, ao xuízo de Santi Domínguez é a "infraestrutura máis importante para uso da mocidade da nosa cidade", que se opón aos anos de goberno do PP. Neste sentido, destacou que durante eses anos Vigo estivo "absolutamente discriminada", posto que non se investiu "nin un só euro para a mocidade de Vigo".
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, explicou que o novo equipamento, que se ubicará no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, é o proxecto "máis grande desenvolvido pola área de Xuventude do Concello de Vigo e que dará resposta ás demandas da nosa mocidade". A edil nacionalista sinalou que a construción do complexo, de 965 metros cadrados, aproveitará o desnivel da parcela, de xeito que terá dúas alturas. No primeiro andar estará situada a recepción e a sala de usos múltiples, que contará con 120 metros cadrados. No baixo estarán os sete locais de ensaio e o estudo de gravación, de 30 metros cadrados. Respecto ás salas de ensaio salientou que cinco delas terán unha superficie de entre 17 e 25 metros cadrados, mentres que outra será de aproximadamente 50 metros cadrados e a outra terá 100 metros cadrados.
"Deste xeito non só respostamos ás necesidades dos grupos pequenos, senón tamén ofrecemos un lugar para que outras agrupacións como bandas e corais tamén poidan ensaiar", subliñou Iolanda Veloso, quen indicou que as obras comezarán a principios do 2009 co obxectivo de que no 2010 poida estar operativo.
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, destacou que hoxe é un día "moi importante para a mocidade de Vigo, nomeadamente para os rapaces e rapazas que teñen grupos musicais". Mais, tamén recoñeceu que se trata dunha xornada fundamental para a Dirección Xeral de Xuventude, en tanto que se trata da infraestrutura máis importante destas características en Galicia. Cela lembrou como a cidade de Vigo foi pioneira na posta en marcha de locais de ensaio, cualificándoa de "iniciativa novidosa, innovadora e positiva" que dende a Dirección Xeral de Xuventude se quixo retomar para desenvolvela a nivel galego, formando a Rede Galega de Locais de Ensaio. "Remataremos este ano con máis de trinta locais públicos de ensaio, algo que non acontece en ningunha outra parte do Estado español", subliñou, ao tempo que destacou que este complexo coloca a Vigo "na vangarda do panorama musical do país".