Escoitar

O tráfico pesado redúxose no centro da cidade máis dun 50% coa nova ordenanza

O edil de Transporte, Seguridade e Mobilidade, Xulio Calviño, cualificou este mércores de "éxito" a nova ordenanza que prohibe circular polo centro aos vehículos de máis de 10 toneladas de peso. Segundo a Policía Local e a sala de tráfico, a circulación redúxose máis da metade desde o inicio da nova normativa, o 11 de xullo de 2008, informou o concelleiro. <br />

mércores, 3 dec 2008
1228314526transporte010208.jpg
Reunión febreiro 2008 con transportista para consensuar a ordenanza de tráfico pesado
O concelleiro de Transporte, Seguridade e Mobilidade, Xulio Calviño, subliñou este mércores o "éxito" e o "enorme paso adiante" da nova ordenanza, en vigor desde o 11 de xullo, que diminuíu á metade o número de vehículos pesados no centro da cidade, segundo a información que manexa a Policía Local e a sala de control de tráfico de Vigo.

O edil subliñou a mellora da calidade de vida para os cidadáns que supón esta normativa, sen prexuízo da capacidade industrial e comercial da cidade, porque a propia ordenanza contempla, tal e como explicou Calviño, vías alternativas "para non afogar a actividade" das empresas.

Así, os vehículos pesados poden solicitar á Policía Local unha autorización para circular por algún dos itinerarios específicos. Os máis demandados, indicou o edil, son o eixo da Avenida de Beiramar, Sanjurjo Badía, Avenida de Galicia e Tomás Alonso, para dar servizo ás compañías frigoríficas e conserveiras xunto co tráfico derivado do Porto; o eixo Avenida de Madrid, Arquitecto Palacios, Castrelos, Portanet, que atende principalmente a Citroën e aos concesionarios de vehículos; e o eixo Avenida do Aeroporto, Aragón, Travesía, Angel de Lema, polo Centro Comercial e as empresas de construción que se atopan no entorno.

A ordenanza, acordada con todas as empresas de transporte, está a ser cumprida "de forma estrita" polas grandes empresas da construción, pero tamén existen algúns casos de infraccións ou "despistes", casos nos que a Policía actúa con flexibilidade e incluso non sanciona, explicou Calviño.

O concelleiro estimou que se están a solicitar unha media de tres ou catro autorizacións por semana, de duración variable dependendo das especiais circunstancias do servizo. Así, Xulio Calviño citou exemplos de autorizacións para transportes por un día ou por todo un ano.
Descargar todas as imaxes

Máis información