Escoitar
Xerencia de Urbanismo

Proxecto de Urbanización U.A. 2 Penis de Arriba

A Xunta de Goberno Local do 11 de novembro de 2008 acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da Unidade de Actuación UA-2 PENIS DE ARRIBA, redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos don Alberto Moreno García, visado polo colexio oficial correspondente en datas 16/03/08 e 24/04/08.

venres, 5 dec 2008
Sométese o expediente número 4811/401 a información pública polo prazo de vinte días mediante a publicación de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, para todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.