martes, 19 abr 2011
Hoxe martes, o alcalde e os responsables da asociación visitaron o novo local cedido polo Concello para a atención aos enfermos, "unha débeda da cidade" co colectivo que levaba "máis de quince anos" agardando por unha nova sede acorde ás súas necesidades. Abel Caballero apuntou que "Vigo é unha cidade solidaria", e unha "característica desta cidade", e valorou como un "paso moi importante" que a Asociación conte cun novo local con "condicións dignas" para os enfermos.
luns, 4 abr 2011
Abel Caballero realizou na mañá deste luns, 4 de abril, a entrega simbólica das instalacións a AFAGA de forma que nos vindeiros días poderán comezar a traballar cos enfermos en fase leve, desenvolver a aula de formación e traballar tamén coas familias dos doentes. O alcalde anunciou que se esta a estudar a posibilidade doutro local para a asociación de enfermos de parkinson.
venres, 1 abr 2011
O alcalde de Vigo visitou este venres o antigo local de IgualArte en Bouzas para rubricar a cesión dunha nova sede en Arquitecto Pérez Bellas, de 250 metros cadrados, atendendo así ás necesidades de espazo desta Fundación sen ánimo de lucro. A entidade atende a unhas 100 persoas con discapacidade intelectual e traballa na súa normalización mediante a arte. Caballero ensalzou a "excepcional" laboura do colectivo, que agora terá un "lugar moi digno" onde desenvolverse.
mércores, 23 mar 2011
Segundo explicou Abel Caballero, o Concello de Vigo atende a este colectivo mediante formación específica, seguemento e mediación para conseguir a súa inserción no mercado de traballo. Os cursos xiraron en torno á atención cidadá -telefónica, principalmente- e, das 32 persoas formadas, 17 xa teñen traballo, e nos próximos meses se formalizarán os contratos das outras 15 persoas. Caballero afirmou que "as empresas son receptivas porque saben que son persoas cun gran desexo de traballar".
luns, 7 mar 2011
Os centros de Teis, Coruxo e Saiáns -dependentes da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor- comezaron na mañá deste luns os obradoiros para nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Os talleres celebraranse os días 7, 8 e 9 de marzo, en horario de 09:45 a 12:45 horas. Ademais na tarde do martes de Entroido terá lugar, a partires das 18:00 horas, unha gran festa de disfraces con concurso.
xoves, 20 xan 2011
A xuntanza tivo lugar onte mércores no Centro Cívico de Coruxo e nela abordáronse temas como a campaña solidaria de alimentos levada a cabo por esta entidade, así como as actividades que se organizarán con motivo do Entroido. O Banco de Tempo consiste no intercambio de bens, coñecementos e servizos cunha única moeda de cambio, as horas, contabilizadas mediante cheques de tempo.
mércores, 19 xan 2011
O alcalde de Vigo e a nova dirección deste entidade que aglutina ao sector periodístico vigués visitaron na mañá deste mércores o novo local que ocupará a Asociación, cedido polo Concello de Vigo e localizado no edificio municipal do Areal.
xoves, 30 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, fixeron este xoves entrega dos diplomas aos 125 alumnos e alumnas que atenderon aos cursos de informática organizados polo Concello nos catro centros cívicos municipais. Os participantes adquiriron coñecementos prácticos sobre navegación en Internet e procesadores de texto e cálculo, entre outras materias.
mércores, 24 nov 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Fundación, Pedro Puente, rubricaron este mércores o convenio de colaboración polo que o Concello aporta 16.000 euros para a mellora da capacidade de integración e incorporación da comunidade xitana no mercado de traballo e o impulso de políticas sociais máis activas, nos eixos socio-laboral, formativo e de emprego.
xoves, 18 nov 2010
O alcalde de Vigo visitou no Casco Vello un dos cursos de formación que imparte gratuitamente o Concello nos catro centros cívicos da cidade, clases nas que sobre 60 alumnos e alumnas están a aprender o uso "enormemente util" do DNI electrónico, ao tempo que reciben de balde un lector. Caballero explicou que "imos intensificar estes cursos" sobre a administración electrónica.