O alcalde participou na reunión xeral do Banco de Tempo, no que están inscritos máis de 200 cidadáns
A xuntanza tivo lugar onte mércores no Centro Cívico de Coruxo e nela abordáronse temas como a campaña solidaria de alimentos levada a cabo por esta entidade, así como as actividades que se organizarán con motivo do Entroido. O Banco de Tempo consiste no intercambio de bens, coñecementos e servizos cunha única moeda de cambio, as horas, contabilizadas mediante cheques de tempo.
O Banco de tempo non é so un intercambio directo entre dúas persoas senón entre unha rede comunitaria na que cada un ofrece e demanda o que lle interesa.
O Concello de Vigo, a través dos catro Centros Cívicos -Casco Vello, Teis, Coruxo e Saiáns- dependentes da Concellería de Participación Cidadá, pon a disposición dos cidadáns a posibilidade de participar nesta iniciativa.
Neste momento máis de 200 persoas forman parte do Banco do Tempo do Concello de Vigo levando a cabo multitude de intercambios e habilidades, desde a atención a persoas maiores a pequenos arranxos no fogar. Trátase dunha proposta solidaria que fomenta a participación cidadá e promove a interculturalidade e as relacións interxeracionais ademais de axudar á conciliación da vida familiar e laboral e a integración das persoas sen discriminación algunha.
Descargar todas as imaxes