O Pleno debaterá unha moción na que se insta á Deputación a concretar os investimentos en Vigo
O concelleiro de Xestión Municipal e voceiro municipal socialista, Carlos López Font, presentou na mañá deste xoves a moción na que se lle pide ao organismo provincial que concrete os investimentos correspondentes ao 35% do Orzamento da Deputación -a poboación de Vigo en relación á provincia- así como que acepte a petición do alcalde de subvencionar o voo Vigo-Milán. A moción debaterase na sesión plenaria do vindeiro 31 de xaneiro.
Carlos López Font recordou que o grupo municipal socialista ven presentado mocións desde o ano 2007 para que a Deputación de Pontevedra atenda e escoite as demandas trasladadas polo alcalde ao presidente deste organismo.
Tal e como explicou reitérase a petición de que Rafael Louzán concrete os investimentos a realizar no termo municipal de Vigo correspondentes ao 35% do Orzamento de Investimentos. López Font mantén que o investimento do organismo provincial en Vigo "é cero, máis aló de festas e orquestras", apuntou.
Ademais desta proposta a moción contempla tamén que a Deputación provincial se comprometa a redactar un estudio sobre o aeroporto de Vigo, investimentos e subvencións ao mesmo logo de comprobar que o comité técnico creado pola Deputación para potenciar Peinador hai dous meses "segue sen dar ningunha resposta".
De forma inmediata o concelleiro socialista reclama que a Deputación de Pontevedra acepte a petición do alcalde de Vigo de subvencionar o voo Vigo-Milán, coma un primeiro paso de potenciación do aeroporto de Vigo.
Descargar todas as imaxes