venres, 21 xan 2011
O alcalde, Abel Caballero, e o director galego da entidade, José Luis García Ibáñez, rubricaron este venres o convenio de colaboración polo que Aqualia achega 93.500 euros para participar "na programación de accións e medidas de impulso económico programadas polo Concello de Vigo" para o ano 2011. Segundo estipula o texto, Aqualia "ingresará a favor dos destinatarios das axudas as cantidades que determine o Concello de Vigo".
venres, 21 xan 2011
O museo Verbum-Casa das Palabras acolle do 21 de xaneiro ao 27 de febreiro a mostra "Valle-Inclán, Palabra e Imaxe". Esta exposición é unha iniciativa pioneira e a presentación mundial da obra en galego de Valle-Inclán, o poema "Cantiga de Vellas". Na inauguración está prevista a asistencia dos comisarios da exposición, José Telmo Grande Pérez e Paula Mariño Pazó (Ateneo de Bouzas)e o Director do museo, Rosendo Gonzalo Covelo Roma. A continuación da inauguración, haberá un recital a cargo de Teo Cardalda e María Monsonís que estrearán tres poemas de Valle-Inclán musicados polo compositor vigués e que forman parte do seu proxecto para o 2011: "Claves Líricas", un disco libro sobre o autor.