O alcalde mantén un encontro coa Asociación de Mariñeiros de Embarcacións Tradicionais

martes, 3 xan 2012

Abel Caballero recibiu esta mañá aos responsables da Asociación de Mariñeiros de Embarcacións tradicionais para avaliar a marcha do convenio de colaboración suscrito entre o colectivo e o Concello. Ao longo do encontro, os responsables da entidade trasladaron ao rexedor o seu interese por construír un local social en Bouzas. Ademais, abordouse a posibilidade de aumentar a colaboración da Asociación co Concello, unha relación que nestes momentos está plasmada nun convenio polo que manteñen as embarcacións construídas nas Escolas Mar de Vigo.