O Concello pon en marcha no centro cívico do Casco Vello as VI Xornadas de Troco do Banco do Tempo
O programa municipal Banco de Tempo porá en marcha o próximo venres 16, no centro cívico do Casco Vello as VI Xornadas de Troco. Tal como explicou o rexedor hoxe martes, trátase dun intercambio de bens materiais por horas. O Banco do Tempo conta na actualidade con 637 inscritos, dos que 205 son homes e 432, mulleres.
O alcalde, Abel Caballero, presentou esta mañá as VI Xornadas de Troco, iniciativa incluída dentro dos Bancos do Tempo, que se desenvolverá no Centro Cívico do Casco Vello o venres 16 de novembro. Trátase, dixo, un intercambio de bens materiais no que cada membro do Banco do Tempo cambia obxectos, roupa ou alimentos, expostos en stands, por horas, con outros membros. Tal e como explicou, as xornadas de troco rótanse por todos os centros cívicos ao longo do ano e a primeira destas citas foi no Centro Cívico de Coruxo o 14 de febreiro de 2012 e nel participaron 158 persoas e se intercambiaron 1.091 artigos.
O rexedor, que estivo acompañado na rolda de prensa polo concelleiro de Partipación Cidadá, Santos Héctor, explicou que os Bancos de Tempo puxéronse en marcha en 2009 nos catro centros cívicos municipais en Saiáns, Coruxo, Teis e Casco Vello. Explicou que esta proposta solidaria, "que funciona excepcionalmente ben" fomenta a participación cidadá e a relación entre persoas. "Establece un comercio con rostro no que o importante son as relacións entre persoas e o beneficio mutuo", subliñou.
Durante a súa comparecencia, degranou a presenza de 637 inscrito nos Bancos do Tempo, 205 homes e 432 mulleres e especificou que o máis demandado é a formación (clases de informática, idiomas e apoio escolar) e o máis ofertado son coidados e atención (coidar nenos, compañía e conversas con maiores).
Outra das campañas desenvolvidas desde o Banco de Tempo é 1 kilo de solidariedade equivale a unha hora, unha campaña de recollida de alimentos que se fomenta desde os Centros Cívicos para recoller alimentos a cambio de horas de tempo, alimentos que se donan á Fundación Provincial Banco de Alimentos.
Asimesmo, nestes momentos estase a desenvolver, desde o pasado 12 de novembro ata o 29 de decembro, unha campaña solidaria do Nadal: 1 ilusión equivale a 1 hora, que supón da donación de xoguetes ao Banco do Tempo. Esta iniciativa conta coa colaboración do Banco de Alimentos e da ONG local Vida Digna.
Para rematar, Caballero felicitou aos funcionarios municipais que fan posible este programa e referiuse ao importante movemento de voluntarios que xira en torno ao Concello, concretamente nas concellerías de Medio Ambiente e Participación Cidadá.
Descargar todas as imaxes