O alcalde cifra en 211 os postos de traballo conveniados co Plan Municipal de Emprego
Abel Caballero rubricou este martes un novo acordo no marco do Plan Municipal de Emprego, convenio polo que a Asociación Veciñal e Cultural "Casco Vello" percibirá 20.000 euros co compromiso de creación de dous postos de traballo. O goberno local autorizou ata o momento o pago de 1,9 millóns para xerar 211 empregos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este martes un novo convenio coa Asociación Veciñal e Cultural "Casco Vello", dentro do Plan Municipal de Emprego, un novo acordo polo que o Concello de Vigo achega 20.000 euros á entidade co compromiso desta de contratación de dous persoas.
O executivo vigués, a través da Xunta de Goberno Local, xa validou convenios con 35 colectivos por valor superior aos 1,9 millóns de euros, destinados á contratación de 211 persoas. O total do programa municipal de creación de emprego ascende a case 2,5 millóns de euros para dar traballo a 325 persoas.
Agarimo
Abel Caballero tamén rubricou este martes un acordo coa Asociación de Amas de Casa e Consumo "Agarimo" para axudar, con 13.000 euros, ao financiamento das súas actividades, nas que xestionan dúbidas de consumo -coa asistencia de tres árbitros-, ademáis de conferencias, obradoiros, etcétecera.
Descargar todas as imaxes