O Concello achega 3.000 euros á AVV San Gregorio para cursos de informática a maiores
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns un convenio de colaboración coa Asociación Veciñal San Gregorio para a organización e impartición de cursos de iniciación á informática, dirixido a persoas maiores. A achega municipal posibilita a realización dos cursos e a contratación dunha persoa para impartilos.
![1352724157convenio.jpg 1352724157convenio.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1352724157convenio.jpg)