Escoitar

O Concello aproba o plan de rehabilitación de 502 vivendas de protección pública de Coia

O Concello deu luz verde ao plan de rehabilitación de 502 vivendas de protección pública das rúas Bueu, Moaña, Vilagaría e Camiño da Raposa, en Coia. Caballero avanzou que o Goberno local traballa un plan de mellora neste barrio, polo que colabora na posta en marcha de ascensores para mellorar a calidade de vida dos veciños.

venres, 9 nov 2012
1352464884alcalde2.jpg
A Xerencia de Urbanismo desta mañá aprobou inicialmente o plan especial de protección, rehabilitación e reurbanización de espazos interiores nas antigas vivendas de protección pública das rúas Bueu, Moaña, Vilagaría e Camiño da Raposa no polígono de Coia. Tal e como explicou a partir de hoxe e durante un mes está aberto o trámite de información pública.

Caballero indicou que hai en marcha un plan de mellora de toda a zona de Coia, con edificios que veñen dos anos 70 e 80, e avanzou que xa son moitos os edificios con ascensor. Concretamente, xa se concederon licenzas aos números 16, 20, 24, 32 e 37 da rúa Castelao, ao número 6 de Silleda e ao número 40 da rúa Estrada. A este respecto, Caballero engadiu que a colaboración municipal pasa por ofrecer unha desgravación do 95% do Imposto de Construccións e a ventaniña única para a tramitación das axudas do Plan Renove.

Na mesma reunión semanal de Urbanismo, aprobáronse definitivamente 2 axudas para a rehabilitación de 2 vivendas nun edificio da rúa Real, por importe de 17.000 euros. Tamén se concederon 14 licenzas de obras e 5 de actividade para un investimento de 300.000 euros. Entre las autorizacións destaca a de primeira ocupación da edificación denominada Cambón, na rúa Palma, número 2, cunha superficie de 1.716 metros cadrados e posta en funcionamento da actividade de centro de visitantes con sala de conferencias, sala de exposicións e oficiñas, outorgada ao Organismo Autónomo de Parques e Xardíns. Tal e como explicou, este ámbito complementario ao Parque das Illas Atlánticas depende do Miniesterio de Medio Ambiente, que llo transfirirá á Xunta de Galicia.

Outra das licenzas outorgadas foi a da rehabilitación do muíño de Regueira en Balsa, en Matamá, solicitada polo colectivo cultural Malaherba. Esta axuda é unha mostra máis da aposta municipal por recuperar e manter o patrimonio e xa son 60 lavadeiros, moitas fontes e algúns molíns os que se rehabilitaron na cidade nos últimos anos.

Avenida de A Florida
Durante a intervención cos medios de comunicación, Caballero deu conta dun recurso contencioso administrativo aprobado na Xunta Local de Goberno contra a Consellería de Medio Ambiente por non exercitar as reformas na humanización da avenida de A Florida que lles reclamamos e que eles, a súa vez, tiñan que reclamar á empresa constructora. Caballero subliñou a negativa da Xunta de Galicia a esixir esta reparación, a pesar de que as obras están en garantía e nas condicións do contrato, "non sei se queren beneficiar á empresa", comentou. Aclarou que, en todo caso, o Concello non vai recepcionar as obras ata que non estean en "perfecto estado" e reiterou que isto supón custo cero para a Xunta "porque é responsabilidade da empresa constructora".
Descargar todas as imaxes