mércores, 30 out 2013
Abel Caballero e o responsable da CIG comarcal, Serafín Otero, asinaron hoxe un convenio de colaboración por importe de 15.000 euros. Este acordo ten por obxectivo cooperar coas actividadades da entidade sindical.
martes, 29 out 2013
O alcalde rubricou o acordo este martes coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, entidade que percibe do goberno de Vigo 16.000 euros para colaborar na difusión da cultural mariñeira. O Concello tamén empréstalles embarcacións tradicionais de propiedade municipal -traíña, galeón, gamela...- para as súas actividades promocionais.
venres, 25 out 2013
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este venres o convenio cos responsables de FEAFES, un acordo polo que o goberno de Vigo achega 4.000 euros para colaborar no financiamento do local que emprega a Federación na rúa Rola.
mércores, 23 out 2013
O alcalde de Vigo rubricou este mércores un convenio de colaboración coa entidade pola que o Concello achega 3.600 euros para axudar ao pago do aluguer da súa sede. Caballero explicou que a Asociación, de recente creación, ten un "importante" número de afiliados e un gran "potencial".
martes, 22 out 2013
O alcalde e membros da Asociación de Veciños asinaron hoxe martes o convenio de colaboración polo que o goberno local achega 4.250 euros para o aluguer do seu local, mentres non estea disponible a nova sede que constrúe o Concello con 900.000 euros de orzamento. A estimación é que poida estar concluída a finais de 2014.
martes, 22 out 2013
Responsables da Asociación Galega de Amigos do Rocío en Vigo e o alcalde da cidade, Abel Caballero, rubricaron este martes o acordo polo que o Concello achega 3.800 euros á entidade para os gastos de mantemento do local no que desenvolven as súas actividades, sito na rúa Colombia.
mércores, 9 out 2013
Trinta e sete colectivos veciñais e culturais de Vigo veñen de recibir 252.885 euros para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá. Nun encontro con responsables destas entidades, o alcalde comprometeuse a tratar de aumentar esta achega de cara ao próximo exercicio.
venres, 4 out 2013
Abel Caballero avanzou a achega de máis de 300.000 euros para 40 colectivos veciñais e culturais. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ás bases de selección de persoal que permitirán contratar a 10 mulleres vítimas de malos tratos durante un ano.
martes, 30 xul 2013
O alcalde rubricou este martes sendos convenios coas asociacións Colectivo Veciñal Curva de San Gregorio e Veciñal, Cultural e Deportiva Monte da Mina para colaborar na realización das súas actividades, singularmente nos cursos de iniciación á informática para maiores e no viveiro de asociacións.
xoves, 11 xul 2013
O Concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hector, xunto a Roberto Giraldez, presidente dos Centros Culturais presentaron este xoves a IV Festa da cultura de Vigo que se celebrara a fin de semana na Porta do Sol, con diferentes actuacións musicais, teatrais, mostras de artesanía e concertos. <br />