venres, 29 xul 2016
Abel Caballero explicou que a Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención atende a un "número significativo" de rapaces polo que precisa dun local propio onde desenvolver a súa función. O alcalde reiterou a súa proposta de converter os actuais xulgados nun espazo cultural e cívico onde emprazar a entidades deste tipo.
xoves, 21 xul 2016
O alcalde asinou na mañá deste xoves un convenio de 15.000 euros coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo, como parte do apoio municipal que reciben. O obxectivo, dixo Abel Caballero, é colaborar coas actividades dunha entidade que "xoga un moi importante papel na cidade"
xoves, 14 xul 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este xoves un convenio de colaboración coa Asociación Amas de Casa e Consumo Agarimo de Vigo, para apoialos, segundo explicou, no aluguer do seu local. O primeiro edil subliñou que desde o Concello "coopreamos activamente" coa entidade.
luns, 19 out 2015
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello conmemorará o ano que vén os oito séculos da Igrexa de Castrelos. Así o anunciou logo de asinar un convenio de colaboración con Instituto de Estudios Vigueses co que se vai seguir cooperando nas tarefas de investigación e divulgación histórica
martes, 1 set 2015
O alcalde recibíu este martes aos responsables da Asociación de Veciños de Freixo, en Valladares, unha reunión solicitada pola nova directiva e da que saíu o compromiso do Concello de elaborar e acometer un plan de atención á zona, que incluirá actuacións como pavimentados, a instalación dunha marquesiña e a mellora da seguridade viaria e da sinalización.
xoves, 6 ago 2015
O alcalde visitou este xoves a nova sede de ASEM en Martínez Garrido, espazo de case 100 metros cadrados cedido de balde polo Concello para os próximos 20 anos no que a Asociación ten espazo para as súas oficiñas e sala de fisioterapia. Caballero avanzou que o goberno local colaborará coa entidade no congreso estatal que se celebrará na cidade en outono.
mércores, 27 mai 2015
O alcalde rubricou este mércores o convenio para sufragar o aluguer do local no que traballa actualmente a entidade, á espera de formalizar a cesión xa comprometida dun espazo municipal novo na rúa Palencia. Caballero asegurou que se trata dun "importante apoio" a IgualArte, institución que traballa con rapaces e rapazas con discapacidade intelectual a través das artes.
martes, 19 mai 2015
Abel Caballero rubricou este martes o acordo coa entidade veciñal, convenio segundo o cal o goberno de Vigo axuda ao financiamento dos gastos derivados do seu local. Segundo indicou o alcalde, o Concello apoia ás asociacións no pago do aluguer cando carecen de local municipal ou propio e, en caso de ter sede en propiedade, se lles exime do pago do IBI.
xoves, 14 mai 2015
Abel Caballero rubricou este xoves un acordo de colaboración cos responsables da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos segundo o cal o goberno de Vigo achega 9.000 euros para o financiamento das súas actividades deste ano, incluíndo a coordinación e xestión do viveiro de asociacións que teñen nas súas instalacións.
venres, 8 mai 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres un convenio de colaboración coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo, acordo segundo o cal o Concello achega 15.000 euros á entidade para colaborar no financiamento e realización das súas actividades, de carácter sociocomunitario, ao longo do presente ano 2015.