Escoitar

O Concello promove a alfabetización dixital dunha decena de cursos gratuítos

As clases impartiranse no edificio municipal de Areal de setembro a decembro, cun total de 140 prazas dispoñibles e o prazo de inscripción xa aberto. A oferta do Concello procura mellorar as aptitudes dos vigueses e viguesas coas ferramentas dixitais, Internet, correo electrónico, smartphones e redes sociais. Toda a información dos cursos e as inscricións, a través do teléfono gratuito 010<br />

xoves, 8 set 2016
O goberno de Vigo oferta unha decena de cursos gratuítos para iniciarse e mellorar as aptitudes da cidadanía no entorno dixital. Así, o Concello impartirá entre os meses de setembro e decembro formación en materia de Internet, redes sociais, informática básica e uso de móbiles intelixentes.

As clases terán lugar na Aula CeMIT do edificio municipal de Areal e os interesados en optar a algunha das 140 prazas dispoñibles nestes cursos -catorce vacantes por curso- xa poden anotarse, co requisito de estar empadroados no concello de Vigo. A formalización das inscricións e toda a información detallada está xa dispoñible no teléfono gratuíto 010.

O primeiro curso será de Internet, nivel Iniciación, do 19 ao 22 deste mes, en horario de 10 a 12:30 horas, sen requirirse coñecementos previos, só o manexo do rato e do teclado. Do 26 ao 30 de setembro impartirase o curso de Folla de Texto Writer, nivel Básico, no mesmo horario do anterior mais sendo necesario coñecementos básicos de informática.

En outubro se ofrecerán outros catro cursos. Do 3 ao 6 do nomeado mes, de 10 a 12:30 horas, celebrarase o curso de Folla de Cálculo Calc, nivel Básico, para persoas con coñecementos básicos de informática. O seguinte será do 10 ao 14 de outubro, de 10 a 12 horas, un Curso de Rede Social Facebook de nivel Iniciación para o que se require alumnado con coñecementos básicos de Internet. Do 17 ao 20 de outubro, de 10 a 12:30h, Curso de Folla de Presentacións Impress, nivel Básico, para persoas con nocións de informática; e do 24 ao 27, Curso de Correo Electrónico Gmail, de 10 a 12 horas, requirindo dos interesados ter coñecementos básicos de Internet.

O Concello programa para o mes de novembro un Curso de Informática e Internet básico para maiores de sesenta anos e sen coñecementos previos, de luns a xoves dos días 7 ao 17, de 10 a 12:30 horas. Tamén para maiores de sesenta, do 21 ao 24 de novembro se organiza o Curso de Utilización dos Smartphones, de 10 a 12 horas, un curso que se repite do 28 ao 30 de novembro para alumnos e alumnas para todas as idades, no mesmo horario.

A programación municipal de cursos gratuítos para este ano péchase en decembro. Os días 12, 13 e 14 do último mes do ano se impartirá o Curso de Compras por Internet, en horario de 10 a 12 horas, e unicamente requirindo dos interesados ter coñecementos básicos de Internet.