martes, 6 setembro 2016

O alcalde garante a apertura da UNED no Auditorio Mar de Vigo

A Avogacía do Estado estudou as concesións portuarias, tamén a do Mar de Vigo, e establece "precisións", explicou Caballero, sobre o uso do edificio como sede viguesa da UNED, informe que analizan os xurídicos municipais pero que "non ten ningunha relevancia" nin presenta "ningunha dificultade" para a apertura da Universidade no Mar de Vigo.

As oito Escolas Municipais Infantís inician o curso con 620 prazas ofertadas

martes, 6 set 2016

O alcalde destaca o cumprimento do compromiso adquirido polo seu goberno de "aumentar as escolas infantís e o número de prazas" con oito centros aos que o Concello destina 1.714.000 euros. Amais puxo en valor a elevada porcentaxe de familias que reciben subvención para este servizo e o máximo de 124 euros que pagan aquelas que non teñen dereito ao financiamento.

O alcalde anima á cidadanía a participar na XIV Festa do Marisco no Berbés

martes, 6 set 2016

Abel Caballero participou este martes xunto ao presidente do Porto, Enrique López Veiga, na presentación das xornadas marisqueiras que se desenvolven desde este xoves 8 de setembro ata o domingo 11 no Porto Pesqueiro do Berbés con degustacións de marisco e actividades musicais e de ocio. O rexedor destacou que a décimo cuarta edición da festa demostra a súa consolidación como cita gastronómica e festiva na cidade polo que animou aos vigueses e viguesas a gozar da súa oferta aproveitando os prezos populares.

Caballero pon en valor a Semana Abanca como evento referente da náutica

martes, 6 set 2016

Na Semana Abanca de navegación e remo, que se desenvolverá entre o 15 de setembro e o 31 de outubro, participarán centos de barcos e máis dun milleiro de deportistas en augas galegas, portuguesas e asturianas con dous ciclos en Vigo, organizados polo Club Marítimo de Canido, o de Vigo e o Liceo Marítimo de Bouzas. Durante a presentación das actividades este martes, o alcalde referiuse ao evento como unha referencia no mundo da náutica no noroeste peninsular salientando o elevado número de embarcacións que compiten como sinal do seu atractivo.