mércores, 7 setembro 2016

O alcalde destaca o privilexio que supón expoñer a obra de Camilo Camaño no Concello

mércores, 7 set 2016

Abel Caballero inaugurou este mércores a exposición de Camilo Camaño, nunha nova edición de Mostrarte, nas dependencias de Alcaldía declarando a súa "satisfacción" por poder amosar a obra dun "pintor excepcional" dignificando o espazo municipal. Acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, onde o artista ten a súa propia casa museo, o rexedor vigués mencionou que a mostra é un exemplo do camiño a seguir na Área Metropolitana onde conflúen os aspectos compartidos polos municipios que a conforman. Camilo Camaño traballa en diversos ámbitos creativos dende a pintura, ata a escultura ou a ilustración reflectindo a súa paixón e inquietudes nas súas obras.