As oito Escolas Municipais Infantís inician o curso con 620 prazas ofertadas
O alcalde destaca o cumprimento do compromiso adquirido polo seu goberno de "aumentar as escolas infantís e o número de prazas" con oito centros aos que o Concello destina 1.714.000 euros. Amais puxo en valor a elevada porcentaxe de familias que reciben subvención para este servizo e o máximo de 124 euros que pagan aquelas que non teñen dereito ao financiamento.
As Escolas Infantís do Concello inician o curso con 620 prazas ofertadas para os cativos de entre 0 e 3 anos, nunha oferta que o goberno de Vigo aumentou nos últimos anos duplicando o número de centros. Por iso, Abel Caballero salienta que cumpriu un "grande compromiso adquirido coa cidade de aumentar as escolas e as prazas dispoñibles" na cidade.
Así, as 620 prazas ofertadas este curso 2016-2017 repártense como segue: 72 na Escola de Costeira-Saiáns, 80 en Bouzas, 78 en Tomás Alonso, 72 en Santa Marta-Casco Vello, 82 en Atalaia-Teis, en Santa Cristina-Lavadores 76, na escola de Mestres Goldar 78 e en Navia 82.
O rexedor sinalou que o Concello destina un total de 1.714.000 euros ás Escolas Infantís, o que supón un 35% máis de investimento respecto ao ano 2015 e destacou que a tarifa permanece conxelada dende hai tempo. Ademais, apuntou que unha "porcentaxe elevadísima" das familias poden empregalas de balde ao ver subvencionado o servizo polo seu nivel de renda e "as que máis pagan" aboan un máximo de 124 euros ao mes, fronte ás usuarias das garderías da Xunta de Galicia que "pagan o dobre que nas municipais" cando é o goberno autonómico o que "ten a obriga" de prestar o servizo. O Concello de Vigo "oferta tantas prazas como a Xunta e financiámolas o dobre" remarcou.