O Pleno avala a proposta do goberno de Vigo de rehabilitar a Panificadora xunto á Zona Franca
A moción presentada polo grupo encabezado por Abel Caballero, que recabou o apoio do PP e a abstención de Marea, propón ao Consorcio a rehabilitación conxunta e posta en valor do inmoble. A edil de Urbanismo avanzou que a planificación municipal estima en tres anos a remodelación da Panificadora.
A Corporación viguesa apoiou este luns a proposta do grupo socialista de conveniar a rehabilitación da Panificadora co Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha moción apoiada polo PP e na que a Marea se abstivo.
Defendida pola titular de Urbanismo, María José Caride, o goberno de Vigo instou á entidade estatal á sinatura dun acordo bilateral no que ambas administracións "se comprometen a conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos" á Panificadora, "exemplo único do noso pasado industrial", segundo reza o texto aprobado.
O Concello de Vigo, explicou a concelleira, garantiría a redacción dos instrumentos de planeamento e xestión necesarios para facerse cargo dos bens e dereitos no ámbito, "sufragándose os custos de adquisición polo Consorcio nas súas dúas terceiras partes e polo Concello no terzo restante", apunta a moción.
O goberno local subliñou a necesidade de que a Zona Franca invista na cidade e o faga visible con esta actuación de "rehabilitación dun edificio emblemático", a través dun convenio que inclúa "usos públicos", manifestou Caride, e baseado nun "proxecto singular".
Pola oposición, o Partido Popular votou a favor desta moción e pediu "concreción" no proxecto, planificación e prazos. A Marea de Vigo, pola súa banda, manifestou o seu acordo coa adquisición pública da Panificadora mais solicitou participación cidadá e información sobre os contidos, antes de absterse na votación.
María José Caride, na súa quenda final, argumentou que o goberno de Vigo procura promover un acordo e dotalo de contido no convenio, mais xa adiantou que o Concello xa ten elaborado os pregos e unha planificación que estima en tres anos o prazo de rehabilitación da céntrica factoría.
Bus Express
Na sesión plenaria desta mañá, o grupo socialista sacou adiante outra moción -desta volta co apoio de Marea e a abstención do PP- instando á Xunta de Galicia a asumir as súas competencias e acordar o financiamento do autobús express ao aeroporto de Vigo.
A concelleira de Transporte, Ángeles Marra, recordou que o goberno autonómico cambiou as condicións do borrador do convenio que xa tiña consensuado co Concello ao reclamar a incorporación deste bus ao transporte metropolitano e rebaixar o prezo do billete dos dous euros acordados a oitenta e seis céntimos. Esta modificación rompe o equilibrio económico do convenio, apuntou Marra, polo que esixiu da Xunta de Galicia que financie o déficit derivado deste cambio.
Apoiou a moción a Marea de Vigo. O seu voceiro, Rubén Pérez, manifestou que o bus ao aeroporto vai máis alá dunha liña do autobús urbano, co que lle compete á Xunta de Galicia o seu financiamento, e viu razoable o prezo de dous euros, tendo en conta que en Santiago custa tres. O Partido Popular de Vigo entende que o percorrido é integramente vigués polo que sería competencia do Concello e non da Xunta, e reclamou un billete a oitenta e seis céntimos.
Ángeles Marra pechou o debate explicando que o transporte aos aeroportos galegos é unha competencia exclusiva da Xunta de Galicia, ao prestar un servizo para cidadáns de múltiples municipios galegos. E engadiu que o Concello acepta integrar o bus express no transporte metropolitano sempre que sexa custeado pola propia Xunta de Galicia.
Sanidade
Os grupos municipais de PSOE e Marea tamén votaron a favor dunha moción sanitaria presentada polo partido de goberno, nesta ocasión coa oposición do PP, que reclama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que "a poboación das áreas sanitarias de Pontevedra e do Salnés volvan ter como referencia para Cirurxía Cardíaca, Hemodinámica, Cirurxía Plástica, Cirurxía Torácica, Cirurxía Pediátrica e Fecundación In Vitro as unidades e servizos dispoñibles no Complexo Universitario de Vigo".
O texto, defendido polo concelleiro Cayetano Rodríguez Escudero, apunta que a Xunta de Galicia adscribiu aos cidadáns de Pontevedra e do Salnés á área sanitaria de Santiago para estes tratamentos, restando 300.000 persoas á poboación de referencia viguesa, "poboación necesaria para a eficiencia, consolidación e crecemento das devanditas unidades e servizos".