Escoitar

O Concello estudiará ampliar as instalacións da Unión Musical de Coruxo na oficiña municipal da parroquia

O alcalde estudará novos emprazamentos na oficiña municipal de Coruxo para que a Unión Musical poida desenvolver e ampliar a súa actividade. En rolda de prensa, destacou o apoio municipal a estas agrupacións musicais, financiadas exclusivamente polo Concello de Vigo.

martes, 14 xan 2014
1389704303musical.JPG
O goberno local "cooperará" coa Unión Musical de Coruxo na busca dun espazo que lles permita ampliar a súa actividade, dado que o local municipal no que ven ensaiando ata o de agora xa non é suficiente. Así o confirmou o rexedor en rolda de prensa logo de manter un encontro co director da banda, Francisco Abal, quen lle precisou que o número de membros da escola pasou de 30 a 50 nos últimos tempos. O alcalde comprometeuse a estudar novas posiblidades de emprazamento na propia oficiña municipal de Coruxo.

Caballero destacou a importancia social e cultural destas bandas de música na cidade e precisou que todas elas están a ser financiadas de xeito exclusivo con fondos municipais.
Descargar todas as imaxes