venres, 17 xan 2014
O alcalde reuníuse este venres co colectivo, que ven de elaborar un estudo que "defende as condicións de Vigo para seguir sendo un partido xudicial". Segundo o proxecto do Goberno de España, a cidade olívica pasará a pertencer ao partido de Pontevedra, pese a tratar Vigo o 52% dos asuntos xudiciais da provincia.
venres, 17 xan 2014
Os técnicos da Xerencia de Urbanismo obxectan un proxecto de residencia estudiantil en Mos, xunto ao campús vigués por entender que se trata dun plan supramunicipal que depende da ordenación urbanística de Vigo. O informe coida que o Plan Especial do Campus ten unha oferta dabondo e sen executar de solo para residencias.
venres, 17 xan 2014
Abel Caballero informou do acordo adoptado este venres na Xunta de Goberno Local para adicar 80.000 euros ao desenvolvemento do programa "Deporte para persoas maiores" durante o 2014, tanto en natación como en ximnasia, con 265 e 165 usuarios respectivamente en cada modalidade.
venres, 17 xan 2014
O xoves 23 de xaneiro, ás 21:00 h terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1) o concerto do artista DORIAN WOOD, dentro do Festival Sinsal12, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. O Concello de Vigo apoia así unha vez máis unha das iniciativas musicais máis importantes da cidade, que se ven consolidando ano tras ano, a través de novidosas iniciativas, a fidelidade dun público e a calidade das súas propostas artísticas.
venres, 17 xan 2014
O Cine Clube Lumiere coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas propón para o luns, día 20, a proxección do documental "Entreparadas" ás 20.30 horas no auditorio municipal do Concello. Entreparadas é unha iniciativa solidaria que puxo en marcha a Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia co obxectivo de implicar a 16 persoas anónimas nun proxecto que cambiou formas de vivir e de ver as cousas.