Escoitar

O Concello e SOS Xustiza cooperarán para que Vigo manteña o seu partido xudicial

O alcalde reuníuse este venres co colectivo, que ven de elaborar un estudo que "defende as condicións de Vigo para seguir sendo un partido xudicial". Segundo o proxecto do Goberno de España, a cidade olívica pasará a pertencer ao partido de Pontevedra, pese a tratar Vigo o 52% dos asuntos xudiciais da provincia.

venres, 17 xan 2014
1389963663sos.jpg
Abel Caballero explicou que o goberno de Vigo e a Asociación SOS Xustiza, creada na cidade, traballarán conxuntamente para que a primeira urbe de Galicia non perda o seu partido xudicial e pase a integrarse no de Pontevedra, que quedaría como único para a provincia segundo o proxecto elaborado polo Goberno de España.

Concello e Asociación coinciden en que a "singularidade" de Vigo, que é "máis de catro veces" o partido xudicial de Pontevedra, debe ser considerada polo Ministerio de Xustiza e permitir así a permanencia do partido vigués. O informe de SOS Xustiza, ao que se referíu hoxe Caballero, evidencia que Vigo ten un volume de litixios só inferior ao de Madrid e Barcelona, e representa o 52% dos asuntos xudiciais da provincia. A este respecto, reclámase o mesmo trato que o dispensado noutras cidades como Terrasa ou Badalona, que xestionan o 6% dos asuntos na provincia, nas que o Goberno de España mantivo a excepcionalidade.

Sobre a cuestión, Abel Caballero recordou a postura municipal, que pasa pola permanencia de dous partidos xudiciais na provincia, o de Vigo e o de Pontevedra, mais se o Goberno de España decide que só ten que funcionar un, éste debe ser o da cidade olívica. "Pero avogamos porque sexan dous", reiterou o alcalde.
Descargar todas as imaxes