Escoitar

Proxección do documental "Entreparadas" no auditorio do Concello

O Cine Clube Lumiere coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas propón para o luns, día 20, a proxección do documental "Entreparadas" ás 20.30 horas no auditorio municipal do Concello. Entreparadas é unha iniciativa solidaria que puxo en marcha a Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia co obxectivo de implicar a 16 persoas anónimas nun proxecto que cambiou formas de vivir e de ver as cousas.

venres, 17 xan 2014
1389967271cartelentreparadas.jpg
FICHA ARTÍSTICA

DOCUMENTAL

SINOPSE

Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Xosé, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outras persoas voluntarias).
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada das mans deste grupo de artistas.


TOÑO CHOUZA

Guionista, editor, produtor e realizador nado en Vigo. Licenciado en Filoloxía Hispánica na Universidade de Compostela e Diplomado en Dirección de Cine na ESCAC (Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña). Ten traballado como docente, e asistido como alumno en diferentes obradoiros de cine. Asemade, ten traballado como xurado e programador en varios festivais de cine. As súas curtametraxes A mañá (2010), e Sola (2012), acadaron diversos premios en festivais internacionais de cine. Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Toño Chouza

Fotografía: Pablo Chouza

Montaxe: Toño Chouza e Jorge Coira

Música: Nico Casal e O Sonoro Maxín

Duración: 67 minutos

Nacionalidade: España

Ano: 2013

COR – V.O.S.C.

*PREMIO AO MELLOR FILME, NO FECIDISCOVI 2013, DE COLLADO VILLALBA.
Descargar todas as imaxes

Máis información