Escoitar

Urbanismo informa desfavorablemente un proxecto para unha residencia estudiantil en Mos, xunto ao campus vigués

Os técnicos da Xerencia de Urbanismo obxectan un proxecto de residencia estudiantil en Mos, xunto ao campús vigués por entender que se trata dun plan supramunicipal que depende da ordenación urbanística de Vigo. O informe coida que o Plan Especial do Campus ten unha oferta dabondo e sen executar de solo para residencias.

venres, 17 xan 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta hoxe venres da resolución dos técnicos da Xerencia sobre o proxecto do concello de Mos de tramitar un cambio do uso do solo para dar cabida a unha residencia estudiantil xunto ao campus de Vigo. O informe determina que o proxecto afecta a territorio vigués e que usaría redes de titularidade municipal. Os técnicos tamén argumentan que, independentemente do informe que emita a propia universidade, o Plan Especial del campus Lagoa Marconsende ten unha oferta suficiente, e aínda sen executar, de solo para uso de residencias.

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá tamén se deu conta da concesión de 17 licenzas de obra e 4 de actividade para un investimento total de 176.949 euros.