Escoitar

Concerto DORIAN WOOD-FESTIVAL SINSAL12

O xoves 23 de xaneiro, ás 21:00 h terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1) o concerto do artista DORIAN WOOD, dentro do Festival Sinsal12, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. O Concello de Vigo apoia así unha vez máis unha das iniciativas musicais máis importantes da cidade, que se ven consolidando ano tras ano, a través de novidosas iniciativas, a fidelidade dun público e a calidade das súas propostas artísticas.

venres, 17 xan 2014
1389965718doriansinsal.jpg
Dorian Wood é un músico e compositor norteamericano asentado en Los Ángeles que acaba de publicar o seu novo disco "Rattle Rattle" e onde se dan a man o gospel, o blues bastardo, Antony Hegarty ou Tom Waits, entre moitas outras cousas, converténdoo nun deses artistas "underground" ao que haberá que ir prestando algo de atención.

"Dorian Wood -o di el mesmo- non está aquí para consolarte". De pais costarriqueños, Dorian naceu nalgún momento dos 70 en Los Ángeles (California). Tralo seu paso polo Conservatorio de Castella de Costa Rica, regresou a Los Ángeles para facer da súa arte unha arma arreboladiza e poderosa. Ilustrador, artista performance –ten actuado xunto á raíña do xénero, Marina Abramovic– e músico imprevisible, Dorian Wood é a máxima creación dun talento integral que inspira/expira arte.

"Rattle Rattle", o seu terceiro elepé e o primero editado en vinilo, é unha ópera popnográfica. Para a creación do disco, Dorian puxo en marcha un "crowdfunding" que permitira a gravación dun traballo ambicioso no seu contido e tamén na súa forma: para el, contou con máis de 60 músicos entre os que se inclúe un coro de 45 integrantes bautizado para a ocasión co evocador nome ‘The Difficult Women’.

Con arranxos clasicistas que chocan como atrapados por unha tormenta, e sen medo ao medo, ao longo das súas 10 cancións (máis dous temas extra só dispoñibles na edición en vinilo), Dorian reflexiona sobre temas como a fe e o corpo.

As entradas poden adquirirse anticipadamente no servizo de Servinova, en Elepé e Librería Versus, a un prezo de 8 €; ou ben, o día do concerto, no despacho de billetes do auditorio, a un prezo de 10 €.
Descargar todas as imaxes