Escoitar

Caballero explica á asamblea de desempregados da CIG que o Concello desenvolve a mellor política social de toda España

O alcalde de Vigo respostará por escrito ao documento con peticións e suxerencias en materia social que hoxe lle entregaron representantes dos desempregados da CIG. Tal e como lles trasladou o rexedor, o Concello de Vigo é o que máis recursos adica á política social de toda España.

xoves, 16 xan 2014
1389880339cig.JPG
O alcalde de Vigo e o edil de Emprego e Participación Cidadá, Santos Héctor, mantiveron hoxe un "longo e cordial" encontro con respresentantes da asamblea de desempregados da CIG na que analizaron a política social do Concello. En primeiro lugar, o rexedor, quen se comprometeu da dar responsta por escrito a un documento con peticións e suxerencias dos representanes sindicais, trasladoulles que Vigo é o concello de toda España con maior investimento social. Medio millón de euros para comedores sociais -sostidos prácticamente pola administración local-, 3 millóns para o cheque social, un incremento dun 10% nos gastos de política de benestar, achegas para as persoas desfiuzadas -a única administración implicada con este colectivo-, ou axudas ao transporte que en termos relativos é a achega máis importante de toda Galicia.

Durante a posterior rolda de prensa, o rexedor explicou que o concello xa está a realizar algunhas das peticións dos desempregados tales como a exención do recibo do lixo para rendas baixas. Respecto doutras das suxerencias do documento, aclarou que algunhas non se poden aplicar pola propia lei, como e o caso de non aplicar intereses aos pagamentos aprazados "dado que hai unha lei estatal que nos obriga aínda que nos quixéramos aplicar interese 0", matizou.
Descargar todas as imaxes