Escoitar

O Concello estuda a organización dun festival músico-poético coincidindo coa Reconquista

O alcalde de Vigo avanzou a posibilidade de que se organice este ano un festival músico-poético durante a celebración da festa da Reconquista. Así o acordou cos membros da organización de Vigueses Distinguidos cos que hoxe xoves mantivo unha reunión preparatoria do acto de entrega dos galardóns de 2014.

mércores, 15 xan 2014
1389790453distinguidos.JPG
O alcalde acordou con Luis Espada e Antón Pulido, presidente e membro, respectivamente do comité organizador de Vigueses Distinguidos, estudar a posibilidade de poñer en marcha un festival músico-poético coincidindo coa entrega dos galardóns e da festa da Reconquista. Logo de manter unha reunión preparatoria do acto deste ano, Caballero subliñou a intención do goberno de "seguir implementando" a vertente cultural desta festividade ao tempo que avanzou que xa se está a traballar coa Asociación de Veciños do Casco Vello na organización da Reconquista.
Descargar todas as imaxes