O Concello aproba os proxectos do centro sociocultural da Miñoca, onde investirá 875.000 euros
O alcalde deu conta da aprobación dos proxectos básico e de execución desta infraestrutura, previo ao inicio da licitación e contratación dunha obra na que o goberno local adicará 875.000 euros. Abel Caballero indicou que o Concello cubre unha "laguna importante" coa nova sede para a veciñanza.
O rexedor apuntou que a nova sede estará ubicada na rúa Fotógrafo Luis Ksado e dará servizo e "equipamento" ao entorno da Miñoca. Plantéase un edificio con planta baixa, en contacto coa praza pública exterior, no que o goberno investirá 875.000 euros.
Mercado do Berbés
A Xunta de Goberno Local tamén autorizou o proxecto de remodelación do mercado do Berbés, un recinto "emblemático" que precisa dunha adaptación ao século XXI, segundo apuntou o alcalde.
O Concello sacará a licitación esta "remodelación integral" por 2,2 millóns de euros e un prazo de execución de 18 meses. A reforma incorporará un maior número de postos -ata os 34-, aposta pola especialización e inclúe unha zona de ocio e restauración no segundo andar, co obxectivo de "provocar unha zona de consumo de mercado e ocio" no Berbés.