Caballero urxe á Xunta de Glaicia o permiso para mellorar a pista de atletismo de Castrelos
O alcalde de Vigo recordou hoxe martes que Patrimonio do goberno autonómico ten enriba da súa mesa o proxecto de mellora da pista deportiva de Castrelos para o seu visto bo, un "permiso rutinario" que Caballero urxe para poder comezar esta obra, na que o goberno local investirá 153.000 euros.
O rexedor vigués apuntou que o goberno local ten o proxecto preparado e o orzamento consignado para comezar a obra, e únicamente resta o "visto bo" de Patrimonio da Xunta de Galicia, un permiso que Caballero definiu de "rutinario".
O socialista urxe ao goberno autonómico o permiso para esta reforma na pista deportiva, unha obra que suporá unha "mellora substancial" e que os afeccionados ao atletismo demandan.
Pavillóns deportivos
O alcalde tamén anunciou que están en tramitación de apertura os pavillóns da ETEA e de Candeán, que terán lugar "en poucas semanas". O recinto de Teis será empregado para clubs de ximnasia, baloncesto e balonmán, ademáis de entidades veciñais do barrio, unha vez o Concello remate coas acometidas que ten en marcha, cun orzamento de 185.000 euros. O recinto deportivo de Candeán, por outra banda, tamén será empregado polos veciños da parroquia e clubs de fútbol sala, baloncesto e balonmán.
Caballero fixo balance e recordou que 2007 eran 12 os pavillóns deportivos operativos en Vigo e, coa próxima apertura destes dous, serán 15, un incremento do 25% na súa etapa na Alcaldía.