O alcalde anuncia que os plans de emprego municipais darán traballo a 2.227 vigueses
O Concello facilitará traballo a 2.227 desempregados da cidade, a travévs do plan de emprego municipal, do programa Vigo emprega e das políticas keynessinas das humanizacións. Tal e como explicou o rexedor se a Xunta e Deputación desenvolveran políticas públicas de emprego, o paro reduciríase na cidade nun 25% xa que traballarían 7.000 parados.
Un total de 2.227 vigueses e viguesas atoparon ou van atopar traballo a través das políticas públicas de emprego desenvolvidas desde o Concello. En concreto, detallou, que xa se asinaron 21 convenios do plan de emprego, que ao final serán 39 o que permitirá dar traballo a 325 persoas. Adicionalmente, dixo, hai 102 persoas no programa Vigo emprega (antes Util), o que eleva a 425 as persoas que abandonaron o paro e nestes momentos teñen traballo. No balance, referiuse aos máis de 1.100 empregos directos e indirectos froito das politicas keynessinas das humanizacións, unha cifra que se incrementará cando se poñan en marcha as novas inversións.
Durante a súa intervención, comparou os 2.227 postos de traballo que ofrece o Concello aos 0 que aportan a Deputación ou a Xunta á cidade. Na súa opinión, se estas administracións desenvolveran políticas activas de emprego como o Concello, en Vigo habería 7.000 parados máis con traballo o que suporía un descenso do paro dun 25% respecto da taxa actual.
Descargar todas as imaxes