O alcalde súmase ao Colexio de Médicos e reclama que Vigo acolla o segundo ciclo de Medicina
Abel Caballero fixo pública hoxe martes a "vocación absoluta" do Concello de Vigo de conseguir para Vigo o desbloqueo do ensino no segundo ciclo da carreira de Medicina, uníndose así á reivindicación do Colexio de Médicos de Pontevedra. O rexedor denunciou que a Xunta de Galicia ten "paralizada" esta demanda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe martes que os profesionais da provincia se marcaron o "obxectivo de desbloquear o segundo ciclo de Medicina na Universidade de Vigo", unha demanda histórica da cidade que a Xunta de Galicia "ten paralizada", segundo denunciou.
Abel Caballero transmitiu públicamente a "vocación absoluta" do goberno de Vigo de conseguir para a cidade os estudos completos de Medicina e urxíu a implantación do segundo ciclo en Vigo "como temos asignado e neste momento paralizado pola Xunta de Galicia".