O Concello valida novos convenios para a creación de emprego, que xa suman 172 postos de traballo
O alcalde anunciou hoxe luns a aprobación polo goberno local doutros convenios con entidades dentro do Plan Municipal de Emprego, acordos que se engaden ao xa acordaros e alcanzan os 172 empregos creados, cun investimento de 1,6 millóns de euros sobre os máis de 5 millóns de euros que ten orzamentado.
Abel Caballero explicou que o goberno local deu luz verde na súa sesión de hoxe a convenios para a creación de emprego con entidades como a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos ou a Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia.
Ata o momento, o Concello de Vigo leva investidos 1,6 millóns de euros en acordos con 21 entidades para a creación de 172 postos de traballo, segundo apuntou o alcalde, un proceso que continuará ata esgotar os máis de 5 millóns de euros que adica o goberno local ao emprego.
Descargar todas as imaxes