Vetusta Morla traerá a Vigo o seu formato acústico e eléctrico o próximo 18 de outubro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director da promotora cultural Esmerarte, Joaquín Martínez, presentaron este luns o espectáculo que ofrecerá o grupo de Tres Cantos no Auditorio "Mar de Vigo" o próximo xoves, ás 21:30 horas, como parte do seu fin de xira internacional. A metade do aforo está xa vendido, con entradas que oscilan entre os 25 e os 35 euros.
Abel Caballero, quen eloxiou a "capacidade" da empresa viguesa Esmerarte, invitou á cidade a asistir ao concerto, que axuda a "facer cidade" e a "seguir ubicando a Vigo nos diferentes mapas das escenais culturais".
Joaquín Martínez, pola súa banda, agradeceu ao Concello a oportunidade de presentar este espectáculo, unha das últimas citas de Vetusta Morla antes de pechar a súa xira, iniciada en Arxentina en maio de 2011 e que levou á banda madrileña aos Estados Unidos, México e Inglaterra, entre outros.
O director da promotora agarda encher o aforo do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo" o próximo xoves cun formato que tivo "moitísimo éxito" noutras cidades e chega agora a Vigo. Vetusta Morla ofrecerá parte do seu repertorio en formato acústico e tamén eléctrico.
Descargar todas as imaxes