O alcalde data para novembro o inicio dos servizos do Centro Integral de Inclusión Social
Abel Caballero informou este luns da adxudicación provisional do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social, instalado en Marqués de Valterra, un dispositivo que xa opera provisionalmente como albergue e que "a finais do mes que ven" ofrecerá todos os servizos deste Centro. O Concello adxudica o servizo por 1,3 millóns por 2 anos.
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a clasificación de ofertas para a xestión deste Centro, unha "gran noticia" para a cidade para a que o Concello de Vigo adicará 1,3 millóns de euros en dous anos.
Segundo informou o primeiro edil, o contrato a rubricar será de dous anos prorrogables por outros dous e, a falta da tramitación cara á adxudicación definitiva, Caballero estima que a finais do mes que ven estará operativo o Centro de Inclusión Social. O servizo, outorgado a Grupo 5, licitouse cun orzamento máximo de 715.000 euros anuais.
Descargar todas as imaxes