Escoitar

Igualdade inicia unha campaña sobre a saúde desde a perspectiva de xénero

A Concellería de Igualdade inicia o mércores a xornada formativa "A saúde desde a perspectiva de xénero", que ten por obxecto contribuír á mellora da calidade de vida e ao benestar físico e psíquico das mulleres. As xornadas desenvolveranse na Casa das Mulleres. Rúa Romil, 20.

luns, 15 out 2012
1350303303saudemuller.jpg
PROGRAMA:

Mércores, 17 de outubro ás 19.00 h, " Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres "

Xoves, 18 de outubro ás 18.30 h , " Sexualidade e Madurez: a danza das bolboretas"

Mércores, 24 de outubro ás 19.00 h, " Unha ollada á saúde desde a perspectiva de xénero "

Xoves, 25 de outubro ás 19.00 h, " A saúde emocional"

Mércores, 31 de outubro ás 19.00 h, " Impacto das novas reformas sanitarias na saúde das mulleres "
Descargar todas as imaxes