Escoitar

Caballero cifra en 5,7 millóns anuais o investimento municipal nos colexios públicos

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este mércores á contratación de dez conserxes para outros tantos centros públicos vigueses, aprobación que o alcalde aproveitou para explicar os investimentos do Concello nos colexios da cidade. Caballero subliñou a "importante atención" que presta o goberno de Vigo á educación pública.

mércores, 17 out 2012
1350474084alcalde5.jpg
O alcalde desglosou o gasto anual en mantemento dos colexios públicos de Vigo por parte do Concello, 5,7 millóns que divídense nos 1,3 millóns en salarios dos 47 conserxes, 300.000 euros para o programa de autoxestión, 680.000 euros en electricidade e calefacción, 2,7 millóns en limpeza, 352.000 euros en mantemento e 251.000 euros en investimentos.

Abel Caballero recordou que o goberno local tamén adica importantes recursos económicos ao programa municipal de bolsas de idiomas, comedor e libros escolares e valorou a "importante atención" que presta o Concello á educación pública "sen ter as competencias" delegadas, en mans da comunidade autónoma.
Descargar todas as imaxes