Vigo acollerá unha reunión europea para identificar boas prácticas na mobilidade sostible
O alcalde, Abel Caballero, anunciou este mércores que Vigo recibirá a próxima semana ao comité directivo do proxecto europeo SUM, formado por 14 entidades de 9 países, e albergará o primeiro dos tres obradoiros temáticos que prevé a iniciativa. O Concello lidera este proxecto europeo, cun orzamento de 1,7 millóns.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o próximo mércores, 24 de outubro, a cidade acollerá unha reunión do comité directivo do SUM Project -iniciativa europea que lidera o Concello e no que participan 14 entidades representando a 9 países da Unión- e o xoves acollerá o primeiro dos tres obradoiros temáticos previstos dentro desta iniciativa.
Caballero recordou que este proxecto é un dos que impulsa o Concello no eido da eficiencia enerxética e o desenvolvemento sostible, con participación de España, Portugal, Italia, Letonia, Polonia, Bulgaria, Francia, Suecia e Inglaterra, e procura o intercambio de coñecementos e experiencias entre os socios, a identificación das prácticas máis eficaces para animar á cidadanía a empregar transportes urbanos limpos e a elaboración, como conclusión, dun plan de acción en cada rexión.
Na cita do mércores, todos os membros do proxecto avaliarán e realizarán un seguemento das distintas actividades do proxecto e o obradoiro do xoves servirá para analizar e compartir os resultados dos informes redactados por cada socio, conclusións que serán publicadas en marzo de 2014 nunha guía de boas prácticas.
Vigo presentará dúas experiencias en marcha relacionadas co transporte limpo, o MOBI.Europe e o MOBI2GRID, impulsados por FAIMEVI e o CTAG, quenes formarán parte do obradoiro temático.
Descargar todas as imaxes