Escoitar

XX Xornadas Igualdade do Movemento Veciñal

A concellería de Igualdade e a vogalía da muller da FAVEC organizan a XX edición das Xornadas Veciñais de Igualdade que terán lugar no salon de actos do Verbum os días 18 e 19 de outubro. Nestas xornadas farase un repaso á evolución durante este período, contarase coa participación de persoas significadas neste eido que actuaron tanto dende o movemento veciñal, político e organizacións feministas. As Xornadas terán unha actuación de clausura a cargo da cantante de soul Woÿza en versión acústica xunto a Isaac Garabatos.

mércores, 17 out 2012
1350475601xornadasmuller.jpg
Programación polo das XX Xornadas Veciñais

18 de outubro

17:00 Acollemento e achega de materiais para as xornadas

17:15 Presentación e parabéns a cargo da Concelleira de Igualdade do Exmo. Concello de Vigo

17:30 Relatorio: "As políticas de igualdade dende a transversidade" a cargo de Carmen Adán

18:00 Convivio

18:30 Homenaxe da FAVEC a:

Departamento de Igualdade do Concello de Vigo
Iraida Monteiro
Dolores Casariego
Begoña González
Rosa Fontaiña
Patricia Torrado
Mercedes Pena

19 de outubro

17:00 Relatorio "1º Plan de Igualdade" a cargo de Amada Traba

18:00 Convivio

18:30 Recoñecemento as Concelleiras de Igualdade destes anos no Concello de Vigo

Ana Gandón
Maite Fernández
Mª Xosé Porteiro
Lucía Molares
Iolanda Veloso

19:30 Actuación da cantante de soul: Woÿza en versión acústica xunto a Isaac Garabatos.
Descargar todas as imaxes