Escoitar

O alcalde entregou diplomas a 32 mulleres vítimas de violencia de xénero, das que 17 xa están traballando

Segundo explicou Abel Caballero, o Concello de Vigo atende a este colectivo mediante formación específica, seguemento e mediación para conseguir a súa inserción no mercado de traballo. Os cursos xiraron en torno á atención cidadá -telefónica, principalmente- e, das 32 persoas formadas, 17 xa teñen traballo, e nos próximos meses se formalizarán os contratos das outras 15 persoas. Caballero afirmou que "as empresas son receptivas porque saben que son persoas cun gran desexo de traballar".

mércores, 23 mar 2011
1300887387diplomas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, fixeron entrega este mércores de diplomas a 32 mulleres, na súa maioría vítimas de violencia machista, que cursaron a formación específica do Concello.

Tal e como apuntou Caballero, 17 das 32 mulleres xa están traballando actualmente e as 15 restantes formalizarán os seus contratos dun ano "nos próximos meses". O Concello de Vigo ofrece formación ás mulleres, seguemento e mediación para a súa inserción en empresas do sector.

Caballero apuntou que os cursos de formación xiraron en torno á atención cidadá, prioritariamente telefónico, para colectivos con difucultades de inserción laboral ao tratarse de persoas sen formación.

O alcalde explicou que o Concello ten a "inserción laboral encamiñada" para estas 32 mulleres e recordou que cursos formativos como este véñense realizando nos últimos anos, xa que as persoas vítimas da violencia de xénero son "obxectivo prioritario na búsqueda de emprego" por parte da administración local.

"A sociedade ten que tenderlles a man para facer da igualdade unha verba real", asegurou Abel Caballero, quen incorporou a formación e seguemento laboral que imparte o Concello de Vigo neste proceso. O primeiro edil asegurou asemade que "as empresas son receptivas porque saben que son persoas cun gran desexo de traballar".
Descargar todas as imaxes