Escoitar

Cursos da Oficina Municipal de Voluntariado

A Oficina Municipal de Voluntariado ven de publicar as liñas de traballo para os vindeiros meses do ano, centradas nos eidos de formación, defensa da natureza, actividades puntuais, programa de entidades e de acompañamento. Para participar nos programas as persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado.

mércores, 23 mar 2011
1300890302solidariedade.jpg
1.-Formación:

- Xuntanza informativa con persoas voluntarias: Dar a coñecer as novidades previstas na oficina de voluntariado aos voluntari@s e coloquio referido ás súas propias experiencias.
Data: 23 de Xuño do 2011
Horario: 19:00-21:00
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

- Xuntanzas Monográficas con persoas voluntarias en Acompañamento: Pór en contacto e completar o proceso de formación daquelas persoas voluntarias que colaboran en temáticas comúns (acompañamento infantil, maiores…)
Data: 8 de Abril do 2011
Horario: 19:00-21:00
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

- Curso de iniciación ao voluntariado: Dar a coñecer a realidade e o sentido do voluntariado a todas as persoas interesadas en incorporarse a algunha entidade de voluntariado ou de iniciar o seu proceso de formación en voluntariado.
Data: 7 e 8 de Abril do 2011
Horario: 18:00-21:30
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

- Curso de iniciación ao voluntariado:
Data: 26 e 27 de Maio do 2011
Horario: 18:00-21:30
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

- Curso de iniciación ao voluntariado (Intensivo-fin de semana):
Data: 4 de Xuño do 2011
Horario: 10:00-13:00 e de 16:00-20:00
Lugar: Centro Cívico de Teis – Camiño Maceiras S/N

- Habilidades básicas da persoa voluntaria: dar a coñecer as ferramentas concretas para a colaboración das persoas voluntarias nas entidades colaboradoras e nas actividades puntuais.
Data: 2 e 3 de Xuño do 2011
Horario: 18:00-21:00
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

- Iniciación aos primeiros auxilios: accións formativas básicas no ámbito dos primeiros auxilios (hemorraxias, feridas e queimaduras, trastornos producidos por frío e calor...)
Data: 15, 16 e 17 de Xuño do 2011
Horario: 18:00-21:00
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

-Voluntariado en servizos sociais: Curso no que se pensa informar sobre o funcionamento dos servizos sociais municipais así como de cada un dos proxectos que neste eido se levan a cabo dende a OMV.
Datas a concretar, a partir de setembro.

- Lingua de signos para persoas voluntarias: Nocións básicas de linguaxe de signos
Data: 9, 10, 13, 16, 19 e 20 de Maio do 2011
Horario: 18:00-21:30
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

- Ferramentas de traballo con colectivos específicos: Accións formativas e posta en común das experiencias das persoas participantes que traballan cos distintos colectivos.
Datas a concretar, a partir de setembro.

- Apoio na organización de eventos culturais ou deportivos: técnicas necesarias para apoiar aos corpos de seguridade na organización de actividades culturais, relixiosas ou deportivas.
Data: 30 e 31 de Maio do 2011
Horario: 18:30-21:30
Lugar: Centro Cívico Casco Vello – Rúa Oliva, 12

2.- Programa de defensa da natureza: censo de aves, plantación de arboriñas, análise da contaminación da auga do río Lagares…

3.- Programa de actividades puntuais: apoio na organización de eventos deportivos, sociais, culturais, etc que se realizan na nosa cidade.

4.- Programa de entidades (Listado entidades que solicitan voluntari@s inscritas en diferentes ámbitos de actividade: discapacidade, minorías étnicas, infancia e colectivos desfavorecidos, xuventude, tecido asociativo e tempo libre, solidariedade e cooperación ao desenvolvemento, adiccións. Terceira idade, dereitos dos animais, culturais, deportivas… )

5.- Programa de Acompañamentos: acompañamentos a maiores, menores (incluso apoio escolar) e persoas con discapacidade física ou Psíquica.


Para maior información pórse en contacto coa OMV no teléfono 986-810-213 ou no email ofi.voluntariado@vigo.org
Descargar todas as imaxes