Escoitar

Caballero participou na inauguración das 40 naves bioclimáticas da Zona Franca en Porto do Molle

O alcalde de Vigo, xunto co de Nigrán, e a delegada do Consorcio da Zona Franca, entre outras autoridades, inauguraron este mércores as 40 naves para uso industrial, que están á vangarda da arquitectura industrial sostible ao tratarse da primeira construción industrial en España en recibir a certificación medioambiental europea Breeam. O parque empresarial Porto do Molle agarda atraer a unhas 200 compañías e xerar sobre 4.000 postos de traballo.

mércores, 23 mar 2011
1300887418naves.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores na inauguración das corenta naves bioclimáticas que impulsa a Zona Franca de Vigo en Porto do Molle, parque empresarial cunha previsión de atraer 200 empresas e 4.000 postos de traballo.

O investimento nestas naves industriais supera os 38 millóns de euros, cunha superficie de 61.000 metros cadrados en módulos de entre 1.100 ata 6.000 m2. Esta dotación é a primeira construcción industrial de España en recibir a certificación medioambiental europea Breeam.

Segundo explicaron durante o evento, o Consorcio ofrece facilidades de financiamento ás empresas interesadas en instalarse, pois dispón de réxime de aluguer ou de aluguer con opción a compra de dous a cinco anos, mentres que a superficie empresarial ofértase en venda coa posibilidade de aprazar durante dez anos o pago do solo.
Descargar todas as imaxes