Xesus López anuncia que o Vigo a Escena 2011 programa 70 actuacións de 15 compañías en 23 espazos diferentes
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a programación do Vigo a Escena 2011, que nesta nova edición inclúe 70 representacións de 15 compañías teatrais, tanto profesionais como afeccionadas. O concelleiro nacionalista destacou que o obxectivo deste programa é "descentralizar a actividade cultural de Vigo", polo que puxo en valor que as actuacións serán nun total de 23 espazos distintos.
Xesus López afirmou que grazas ao Vigo a Escena é posible achegar a toda a cidadanía a creatividade dos vigueses e viguesas, posto que o programa percorre os diferentes barrios e parroquias da cidade. Deste xeito, ademais dos auditorios das asociacións veciñais e culturais, haberá actuacións no paraninfo do IES Santa Irene e no Auditorio Municipal.
O concelleiro de Cultura destacou ademais que esta proposta permite potenciar o "excelente teatro" que se está a facer en Vigo. Ao respecto apuntou que nesta edición son 13 as compañías profesionais que participan no certame e 2 as afeccionadas, Teatro Avento e Agarimo, que foron seleccionadas na Semana de Teatro Afeccionado, celebrada o pasado mes de outubro.
O nacionalista expresou os seus parabéns ao director do Vigo Escena, Xerome Calero, "porque puxo en marcha o programa hai 14 anos e a bo seguro continuará moitos máis". Asemade, adiantou as representacións que terán lugar este fin de semana. O sábado 26, Artello-Teatro representará "Cinderella Mix" na SCD Atlántida de Matamá ás 20 horas, para público familiar. O domingo 27, Arela das Artes porá en escena "69", para público adulto, no CC Beade ás 18.30 horas.
Xerome Calero asegurou que era unha "vella aspiración" das compañías de teatro contar cun programa destas características. Salientou, por outra banda, a diversidade de espectáculos que ofrece a programación, dende a danza da compañía A Producións Artísticas, ata o teatro de compañías que levan participando no Vigo Escena dende hai anos, como Artello Teatro ou Fulano, Mengano e Citano.
Descargar todas as imaxes