Escoitar

Caballero anuncia a "renovación da flota de vehículos da Policía Local" con novos coches e motos

A Xunta de Goberno Local adxudicou este martes definitivamente o contrato polo sistema renting para dotar á Policía Local de Vigo de 18 novos vehículos -14 turismos, dous furgóns e dous todo terreo-. Xunto a estes, o alcalde avanzou que mañá mércores chegarán as novas motocicletas, co que está "en marcha a nosa ambición de Vigo siga a ser unha cidade segura". Caballero recordou que, no actual mandato, o número de efectivos policiais incrementouse en 75.

martes, 22 mar 2011
1300800727Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este martes que está "en marcha a nosa ambición de que Vigo siga a ser unha cidade segura" e anunciou a "renovación" da flota de vehículos da Policía Local.

En declaracións aos medios de comunicación, Abel Caballero informou de que a Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación definitiva do contrato para subministrar de 18 novos vehículos á Policía Local polo sistema renting. Trátase de 14 turismos patrulla, dous furgóns e outros tantos vehículos todo terreo.

O alcalde recordou que, durante os últimos catro anos, o plantel da Policía Local de Vigo incrementouse en 75 efectivos, e avanzou que, con respecto ao material, mañá mércores chegarán as novas motocicletas para os axentes. Afirma o primeiro edil que, neste momento,
"temos desbloqueada toda a renovación da flota de vehículos da Policía Local".
Descargar todas as imaxes