Abel Caballero visitou o local da Asociación de Enfermos de Parkinson de Vigo cedido polo Concello
Hoxe martes, o alcalde e os responsables da asociación visitaron o novo local cedido polo Concello para a atención aos enfermos, "unha débeda da cidade" co colectivo que levaba "máis de quince anos" agardando por unha nova sede acorde ás súas necesidades. Abel Caballero apuntou que "Vigo é unha cidade solidaria", e unha "característica desta cidade", e valorou como un "paso moi importante" que a Asociación conte cun novo local con "condicións dignas" para os enfermos.
![1303217061parkinson.jpg 1303217061parkinson.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1303217061parkinson.jpg)
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe martes ao local de Rivera Atienza, cedido polo Concello para a Asociación de Enfermos de Parkinson, "unha débeda da cidade" co colectivo, que levaba agardando "máis de quince anos" por unha nova sede en "condicións dignas".
"Vigo é unha cidade solidaria", manifestou Caballero, e este local permitirá aos doentes facer exercizo ao aire libre e recibir a atención que precisan nunha instalacións acondicionada ao efecto. Trátase dun "paso moi importante", asegurou o primeiro edil, polo que agradeceron ao Concello a cesión. O alcalde recordou que a solidariedade é "característica desta cidade" e a Asociación precisaba de "condicións dignas" para desenvolver a súa función e atender aos enfermos.
Descargar todas as imaxes